San Caetano estrea iluminación polo 25 de xullo
San Caetano celebrou o 25 de xullo con nova iluminación. Na fachada do edificio central, Presidencia, proxectouse o escudo de Galicia usando a tecnoloxía LED que acaban de instalar xusto nesa zona. A idea é que antes de final de ano a nova iluminación estea en todo o complexo administrativo.
"O aforro enerxético que se vai conseguir nesta primeria fase é equivalente ao consumo de 16 vivendas, mellora a eficiencia enerxética, reduce os custes enerxéticos e ten mellores prestacións de iluminación", di Emérito Freire, director do INEGA.
Buscan tamén usar as prestacións de cor e imaxe para datas sinaladas, como acaban de facer nesta estrea. Ademais, como o sistema permite regular a intensidade, poderase adaptar a cada momento do día, reducindo tamén a contaminación do ceo nocturno e a luz intrusa.