CRTVG

Buscar

San Bieitiño, o santo máis milagreiro e agora tamén o máis seguro

Publicado o 10/07/2020 20:37

Xa se sabe, se hai que escoller un san Bieitiño, mellor o de Lérez, que é máis milagreiro. Esa fama é a que leva milleiros de devotos cada ano ata este mosteiro, deixando imaxes coma esta, que non se repetirá este ano.

Nin procesión, nin mercado, nin encher botes co aceite, que só se entregará xa envasado. Todo está pensado desta vez para a seguridade dos fieis.

Di o refrán que este é o santo máis milagreiro, pero insiste o párroco en que para que se cumpran as pregarias, tamén nós temos que poñer da nosa parte, polo que pide responsabilidade nesta celebración.

Noticias web

10/07/2020