Sam Mendes e Tarantino triunfan no Goblos de Ouro
1917, unha longametraxe que non se poderá ver en cine ata o próximo venres gañou o premio ao mellor drama nos Globos de Ouro de 2020. Ambientado na primeira guerra mundial e dirixido por Sam Mendes superou ao Joker e tamén a El irlandés, Historias de un matrimonio e Los dos papas, as tres películas nominadas de Netflix.
A cinta de Scorsese foise de baleiro, a gran derrotada. Tarantino con Érase una vez en... Hollywood, consiguiu o premio á mellor comedia, mellor guion e mellor actor para Brad Pitt.
Rocketman, sobre o artista Elton John obtivo dous Globos de Ouro, un deles para o músico pola canción orixinal. Outros dous premios foron para o Joker de Todd Phillips: mellor banda sonora e mellor actor para Joaquin Phoenix
Non foi unha boa noite para os españois: Antonio Banderas, Almodóvar e Ana de Armas marcharon de baleiro.
As series repartíronse equitativamente a noite: Fleabag, Chernóbil e Susession acabaron con dous premios cada unha.
A gala estivo chea de discursos reivindicativos, de empoderamento feminino e ambientais e de mensaxes de apoio a Australia polos devastadores incendios.