CRTVG

Buscar

Sálvora acolle o primeiro hotel para insectos e aves das nosas illas Atlánticas

Publicado o 06/08/2019 21:45

Este é o primeiro hotel para insectos e aves das nosas illas Atlánticas. Está en Sálvora. Construírono 45 rapaces e rapazas a iniciativa da Consellería de Medio Ambiente e da asociación Amicos.

Con este proxecto, a asociación Amicos quere concienciarnos sobre a importancia da integración e tamén sobre a necesidade de conservar a biodiversidade.

Este aloxamento de Sálvora é o primeiro dunha gran cadea hoteleira que se repartirá polas nosas illas Atlánticas. Os seguintes hoteis para insectos instalaranse nas illas Cíes, en Ons e en Cortegada.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2019