CRTVG

Buscar

Salvini dá por rota a coalición que goberna Italia e esixe eleccións

Publicado o 09/08/2019 10:50

Crise de goberno en Italia. A coalición contra natura entre partidos antagónicos e nas antípodas ideolóxicas toca a súa fin no pais transalpino. O líder da ultradereitista Liga Norte e actual ministro do interior, Salvini, esixe eleccións anticipadas, xa que o Goberno xa non ten maioría no Parlamento. Salvini pídelles aos deputados que volvan das vacacións para intentar que os novos comicios se celebren canto antes, por exemplo, en outubro.

O viceprimeiro ministro Di Maio dixo que o Movemento 5 Estrelas non ten medo a eleccións, aínda que as enquisas danlle unha maioría importante a Salvini de arredor dun 40% e prognostican unha caída do partido presidido polo cómico Beppe Grillo. Na posición de mediador nesta crise e nas continuas desavinzas neste ano de goberno conxunto, o primeiro ministro.

Giuseppe Conte lembroulle a Salvini que el non ten potestade para disolver as cortes nin convocar eleccións, de feito, está a explorar a posibilidade doutra alternativa que dea a maioría parlamentaria. Unha coalición dos 5 Estrelas co Partido Demócratico que non frutificou hai un ano.

Se falla esta posibilidade, o presidente Sergio Matarella podería nomear un goberno tecnócrata para elaborar os orzamentos ou acceder a celebración desas eleccións anticipadas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/08/2019