CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Salvavidas canino en Tomiño

Publicado o 20/09/2018 14:34

Unha muller de Tomiño asegura que o seu canciño a salvou cando lle deu un infarto e foi avisar a filla. Pero Poli, o heroe desta historia, ten unha chea de habilidades. Ata apoleira os pitos á noite.

Cando Pilar caeu no chan vítima dun infarto, asegura que foi o seu can quen deu aviso á filla para auxiliala.

Ademais, o matrimonio relata que o can os axuda a coidar doutros animais. Din que o que máis lle gusta é ter conta dos polos.

Poli, como lle chaman ao can, gaña cada día así os aloumiños dos seus.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí