CRTVG

Buscar

Salvaterra de Miño instala o primeiro alcolímetro público de Galicia

Publicado o 12/04/2019 20:40

Para poñerse ao volante, a Garda Civil de Tráfico lembra que non se poden superar os 0,25 miligramos por litro de aire espirado. Ante a dúbida, os condutores poden someterse voluntariamente ao alcolímetro. Por un euro a máquina mide o alcol en sangue.

Salvaterra de Miño é o primeiro concello de Galicia en instalar un alcolímetro na vía pública. Para iso o Concello tivo que aprobar unha ordenanza reguladora. A iniciativa é aplaudida por moitos, outros non o teñen tan claro.

As adegas do municipio e os establecementos de hostalería colaboran coa iniciativa. O obxectivo é a seguridade viaria, evitar multas e non poñer en risco a vida.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/04/2019