CRTVG

Buscar

Salvan unha cría de peixe lúa perdida na praia de Boiro

Publicado o 23/08/2020 21:04

Sobre as once e media da mañá os bañistas desta praia de Boiro viron un animal na auga batendo as aletas con mostras de estar desorientado.

Emma Castaño: "Achegámonos a el vimos que era un peixe moi raro, non sabiamos que era. Entón a xente non reaccionaba e chamei os municipais de Boiro e eles a Protección Civil".

Tamén se achegou Carlos García, que pasaba nese momento pola zona e xa se decatou de que polo tipo de aleta e os movementos non era un golfiño. Era un peixe lúa e estaba atrapado polos areeiros que se forman.

Carlos García: "Entón metínme na auga e o que tratei é de sacar o animal a augas abertas, xa vin que era un peixe lúa duns 2 quilos e uns 30 centrimetros de lonxitude".

Emma Castaño: "Foi o que solucionou o problema porque foi o que identificou o peixe e levouno ao mar, incluso o colleu no colo e levouno".

Ata hai uns anos estas augas estaban máis frías e estas especies máis propias do Mediterráneo pasaban de longo. Esta cría debeuse despistar da manda e achegouse demasiado á costa.

Carlos García: "Cando baixa un pouco a marea as especies grandes non poden entrar a terra entón o pequeno despistaríase entraría dentro das pequenas lagoas que se forman e aquí non tiña forma de saír porque apenas hai 15 cm de profundidade".

Hai apenas dúas semanas apareceu outro peixe lúa desorientado en Ribeira. Biólogos e persoal de emexencias conseguiron tamén levalo mar aberto.

Noticias web

23/08/2020