CRTVG

Buscar

Salvan unha meniña tras atragoarse cun tapón e quedar atrapada nun ascensor

Publicado o 13/09/2021 21:07
Salvan unha meniña tras atragoarse cun tapón e quedar atrapada nun ascensor

Sanitarios do Samur, en Madrid, salvaron a vida dunha nena de 13 meses que tragou un tapón e que logo quedou atrapada xunto aos seus pais no ascensor dun edificio. A pequena tragou o tapón de plástico dunha botella, o que lle provocou falta de osíxeno.

Cando os seus pais se dispoñían a levala ao hospital, o ascensor avariouse e quedaron atrapados, pero puideron avisar o 112 e os bombeiros liberáronos rapidamente. Despois, membros do Samur conseguiron extraerlle o tapón que lle obstruía a vía aérea e que quedara completamente encaixado na súa gorxa.

Noticias web

13/09/2021