CRTVG

Buscar

Salvamento rescata 237 persoas no mar de Alborán

Publicado o 19/07/2019 08:32
Salvamento rescata 237 persoas no mar de Alborán

Salvamento marítimo rescatou 237 persoas de dúas barcas que navegaban á valga no mar de Alborán. Xa están sans e salvas nos portos de Málaga e Motril, onde as atende a Cruz Vermella. Todas as persoas rescatadas están en bo estado de saúde.

O aviso de socorro deuno unha oenegué, e puxo en marcha de inmediato o avión Rescue 32, do Exército do Aire, que localizou as dúas embarcacións. O buque Salvamar Alnitak foi o encargado de realizar o rescate e levalas a porto. Hai 20 mulleres e tres menores.

Noticias web

19/07/2019