CRTVG

Buscar

Salvamento Marítimo rescata máis dun cento de migrantes en dúas lanchas

Publicado o 09/06/2019 10:55

Fontes da Cruz Vermella informaron do rescate de máis dun cento de persoas de orixe subsahariana que navegaban en dúas barcas pneumáticas que saíran do norte de Marrocos con destino a España.

As embarcacións navegaban paralelas e foron localizadas por vía aérea e pola patrulleira Alborán nas proximidades da illa do mesmo nome. Posteriormente foron rescatados pola Salvamar Hamal, que os trasladou ao porto de Motril, onde un dispositivo da Cruz Vermella dispensou unha primeira atención médica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/06/2019