CRTVG

Buscar

Salvamento marítimo rescata dous turistas atrapados na praia das Catedrais

Publicado o 24/06/2021 23:47

O helicóptero de salvamento tivo que rescatar esta tarde dous turistas que quedaron atrapados polo mar na praia das Catedrais. Sacaban fotos e cando subiu a marea non souberon por onde saír.

Metéronse nunha das covas que caracterizan esa praia da Mariña de Lugo, e con iso, a medida que subía o mar, víanse peor. 

Chamaron ao 112 e foron rescatados polo helicóptero, que contou co apoio dos bombeiros de San Cosme de Barreiros. Estaban nerviosos, pero ilesos.

 

Noticias web

24/06/2021