CRTVG

Buscar

Salvamento Marítimo rescata 130 persoas no mar de Alborán e lévaas a Motril e Almería

Publicado o 30/06/2019 12:29

Un grupo de 40 persoas de orixe subsahariana chegaron en boas condicións de saúde ao porto de Motril, en Granada, pasadas as nove e media da noite do sábado. Salvamento Marítimo rescatou un total de 130 inmigrantes de dúas barcas que saíron desde a localidade marroquí de Bouyafar.

Nunha delas viaxaban 77 ocupantes, dos que nove eran mulleres. Na segunda ían 53 persoas, entre elas seis mulleres e un rapaz, e trece deles foron transbordados para unha das embarcacións de salvamento.  Os 90 migrantes restantes que quedan por desembarcar están sendo trasladados a Almería.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/06/2019