CRTVG

Buscar

Salvamento Marítimo recrea un rescate nas augas da baía coruñesa

Publicado o 27/09/2020 09:35

Tarde desapracible na Coruña, aínda que a chuvia e o frío non desanimaron a moitos curiosos que buscaron o mellor lugar no paseo marítimo para seguir a evolución do rescate.

O son do Helimer sobrevoando a baía é un dos máis recoñecibles da cidade. O helicóptero participou no simulacro canda dúas embarcacións de Salvamento e o avión Sasemar. Unha grande despregadura de medios para dirixir todas as olladas cara ao Atlántico, protagonista indiscutible do Festival Mar de Mares.

Artistas, científicos, activistas, educadores, cociñeiros, deportistas e tamén o público. Todos se converten estes días na voz dos océanos.

Noticias web

27/09/2020