CRTVG

Buscar

Bos días

Salvador Sobral, gañador do certame aRitmar en lingua portuguesa

Publicado o 28/03/2018 11:01
Hoxe marchamos con Salvador Sobral e o seu tema 'Amar pelos dois', gañador en lingua portuguesa do certame de música aRitmar. ARitmar é un proxecto didáctico e cultural, desenvolvido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela e a Xunta, que pretende divulgar a música e a poesía de Galicia e de Portugal. Os votantes do certame decidiron que o tema que representou a Portugal en Eurovisión o ano pasado e que se fixo co festival se faga tamén co premio deste proxecto. Deixámolos con Salvador Sobral. Ata mañá!
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

28/03/2018