Salvador Illa e Gonzalo Caballero avogan por fortalecer o estado do benestar
Publicado o 02/07/2020 21:31
Acompañado polo ministro de Sanidade, o líder dos socialistas galegos apostou hoxe por fortalecer o estado do benestar. Dixo Gonzalo Caballero que está orgulloso da xestion que Salvador Illa levou a cabo nesta crise sanitaria da Covid-19. Caballero sostén que desta crise se sae pola esquerda con políticas que fortalezan o estado do benestar e a sanidade. Ambos estiveron tamén en Santiago. Alí o ministro dixo que Caballero é a mellor opcion progresista. Que ten que haber un cambio e que se ten que chamar Gonzalo Caballero.