Salvador Illa asegura que se el gaña nos comicios cataláns "nin haberá tripartito nin 'procès' "
Pedro Sánchez salientou que en Cataluña chegou o tempo de superar a política-ficción, en alusión ao independentismo, e volver á política de xestión. Nesa liña, salientou o discurso nidiamente diferenciado de Illa con respecto á dereita e aos independentistas: "Salvador está nos antípodas do que representan a dereita, a ultradereita e os partidos independentistas. Salvador está nos antípodas da confrontación gratuíta, vímolo nestos meses de pandemia, de dividir por dividir. Salvador está ao que está: a cambiar Cataluña, a facer progresar Cataluña, e por iso van todos contra Salvador nestas eleccións".
O candidato Salvador Illa apelou ao voto útil para vencer a confrontación e a Cataluña escindida en dúas metades: "Se gañamos imos responder á vosa confianza presentándonos á investidura. Temos as ideas moi claras, nin haberá tripartito, nin haberá procès. Teremos o novo goberno progresista que Cataluña necesita".
Illa salientou que agora está en xogo deixar atrás o goberno da independencia, que significou "incompetencia e decadencia".