CRTVG

Buscar

Salvador Illa asegura que "o acordo é que os partidos se celebren a porta pechada"

Publicado o 05/06/2020 17:11

• Engadiu que deben xogarse respectando os protocolos do propio Consello Superior de Deportes e que supervisou o Ministerio de Sanidade

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, asegurou este venres que o acordo para o reinicio da Liga é que os partidos se celebren a porta pechada, nas condicións que acordou o Consello Superior de Deportes (CSD) e que supervisou o seu Ministerio.

"Poden empezar as competicións. O acordo é que se celebren de momento a porta pechada nas condicións que acordou o Consello Superior de Deportes, respectando os protocolos do propio Consello Superior de Deportes e que supervisou o Ministerio de Sanidade, acordos que entendemos que teñen que ser as medidas de protección para os participantes de todas as competicións deportivas", dixo.

Noticias web

05/06/2020