Salva Ruíz: "De la Barrera transmtiunos as ganas de que sexamos dominantes"
Publicado o 14/01/2021 21:17
Segunda xornada de traballo para Rubén de la Barrera no Deportivo. Nestes dous días apréciase a intensidade con que quere traballar o novo corpo técnico. O adestrador indicou en conferencia de prensa cal era o guión que pensaba seguir. Tamén o fixo no campo cos seus xogadores. Salva Ruíz, despois da segunda sesión de traballo, comentou as sensacións que hai no equipo: "Os adestramentos foron intensos e dinámicos. De la Barrera transmtiunos as ganas de que sexamos dominantes e de levar a cabo as nosas ideas".