CRTVG

Buscar

Salva Arco seguirá axudando o Río Breogán dende a área social do club

Publicado o 19/08/2021 10:30

Salva Arco despediuse como xogador do Breogán. O ata agora capitán retírase logo de 19 anos como profesional, cinco deles no Breogán. O club quixo homenaxear a súa figura e os seus valores a través dun vídeo en que se destaca o momento en que Salva Arco lles cede aos irmáns Quintela a honra de levantar o trofeo de Campións de Liga e o ascenso á ACB.

É un adeus ás canchas, pero non ao Breogán. Salva Arco continuará vinculado ao club lugués como novo responsable da área social.

"Queremos reforzar a área social do club e Salva Arco vai ser o seu responsable", confirmou Tito Díaz, director xeral do Río Breogán.

Salva Arco aceptou esta nova ocupación porque "quero seguir axudando ao Breogán, unha vez que no campo non se pode, agorá será dende as oficinas".

 

 

Noticias web

19/08/2021