Salva a vida tras ser atropelada polo tren cando ía en coche
Publicado o 25/02/2020 13:57
Unha veciña de Sarria salvou a vida tras ser arrolada no seu vehículo polo tren. O accidente ocorreu no paso a nivel da parroquia de Céltigos. O tren non puido evitar chocar contra o coche e co impacto desprazouno ata un prado próximo.
A condutora librou ao producirse o impacto pola parte traseira do automóbil. Todo apunta a un descoido, xa que no momento do accidente si funcionaba o semáforo que regula o paso.