CRTVG

Buscar

Un veciño de Ourol salva a nai dun incendio descolgándoa por unha fiestra

Publicado o 31/07/2019 16:10

Un veciño de Ourol de 67 anos conseguiu salvar a súa vida e mais a da súa nai ao saltar cinco metros pola ventá da súa casa, que estaba ardendo. 

A nai ten 93 anos e, para sacala pola ventá, tivo que descolgala atada cun adival. Cando a muller estaba a un metro do piso soltouse a corda, polo que e a anciá rompeu o cóbado e o fémur. 

Permanece ingresada no hospital de Burela e non se teme pola súa vida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/07/2019