CRTVG

Buscar

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra abre as portas da súa XX edición

Publicado o 24/03/2019 15:20

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra acaba de abrir as portas da súa vixésima edición, que está dedicada á revolución, á cultura lusófona e ao escritor vigués e premio nacional de literatura, Antonio García Teijeiro. As actividades e exposicións estarán vixentes ata o vindeiro 12 de abril.

Esta revolución cheira a tinta e a papel e vai de como un libro pode cambiar unha vida e, con ela, a historia enteira. Pero os relatos antes de seren libros foron contos e aí é onde empeza todo, na palabra.

Toda rebelión conta cun plan e o do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra é a poesía. Por iso este ano en que o Salón se fai milenial homenaxea un dos activistas dos versos máis senlleiros, o premio nacional de literatura, Antonio García Teijeiro.

E como as ideas transformadoras falan a mesma lingua, a cultura lusófona é a convidada de honra.

Historias con leite e mesmo letras con petiscos doces para alimentar ben os revolucionarios, que digo, os lectores.

Noticias web

24/03/2019