CRTVG

Buscar

Salón do Deporte e o Turismo Activo en Ourense

Publicado o 16/11/2019 21:07

Partidas de xadrez simultáneas de case douscentos nenos e nenas son o primeiro que atopamos ao chegar a Sportur.
Enerxía e moita concentración é o que se percibe tamén sobre este tapiz.
E para animarse semella que non hai mellor xeito que probar, coma no tiro con arco.
Pero a proba nos máis dos casos non é dabondo. Así que aquí tamén animan a que a xente entre a formar parte dos clubs deportivos. Disciplinas hai para todos os gustos e todas as idades.
E se ben está facer deporte, mellor aínda é practicalo en destinos singulares de Galicia e o Norte de Portugal. Tamén aquí tiveron o seu oco para promocionarse.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/11/2019