CRTVG

Buscar

Saleta Fernández supera as lesións e a barreira do 1,90 en salto de altura

Publicado o 12/09/2019 19:27

Derrubar a barreira do 1,90 valeulle a Saleta conseguir o seu primeiro título de campioa de España na categoría absoluta.

"1,90!!! Ter ese díxito aí...Gustábame moito. O título tiña que loitar por el, sabía que o podía conseguir, pero o que máis ilusión me fixo foi a marca", sinala a saltadora.

No mes previo ao campionato, a atleta monfortina apenas podía facer vida normal por unha lesión nos isquiotibiais. Estivera dez meses sen poder calzar as zapatillas de cravos.

"O mércores non sabiamos se ir ou non ao campionato. Ao final decidimos ir. Picáronme antes da competición para que non notase dor. Ao final saíu todo ben", lembra. 

Saleta Fernández, de 22 anos, vive, estuda e adéstrase desde hai catro anos en Santander baixo o acubillo do grupo de Ramón Torralbo, o ex-adestrador de Ruth Beitia. É inevitable a comparación coa campioa olímpica, xa retirada: "Un afago que te compare con Ruth. É Ruth Beitia. Non vai haber outra. O que fixo esa muller non o vai volver facer ninguén".

Ruth Beitia tamén tiña 22 anos cando superou o 1,90 ao aire libre por vez primeira na súa vida. Saleta quere facer o seu camiño.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2019