Saleta Fernández e Ana Peleteiro, ouro no campionato de España de atletismo
Publicado o 02/09/2019 20:22
Á marxe do futbol, o atletismo galego está de parabéns cos ouros no Campionato de España para Ana Peleteiro e para Saleta Fernández. Non puidemos obter imaxes do triplo salto que lle deu o ouro a Peleteiro, pero aquí teñen o salto de Saleta Fernández. Por primeira vez, unha galega saltou 1 metro 90. Medalla de Ouro.
En total, a delegación galega obtivo 11 metais. Na xornada de onte, prata para Adrián Ben nos 800 e para Esther Navarrete na proba do 5.000 e bronce para Mauro Triana, Jean Marie Okutu e Solange Pereira.
Máis sobre actualidade
16/01/2021 21:34
16/01/2021 21:30