CRTVG

Buscar

Saída simbólica da Pontevedrada que non se puido facer

Publicado o 25/04/2020 21:57

Este 25 de abril, de non ser pola crise do coronavirus, celebraríase entre Pontevedra e Santiago unha andaina solidaria para fomentar as doazóns de órganos e tecidos.

Por iso a organización do evento quixo dar unha saída simbólica da marcha a pé desde Poio, desde o balcón do presidente da Asociación de amigos da Pontevedrada. En lugar dun bucinazo escoitamos as sereas dos coches de protección civil.

Noticias web

25/04/2020