CRTVG

Buscar

Saída de vía dun camión na estrada que une Noia con Boiro, no concello de Lousame

Publicado o 11/07/2019 14:31

Arredor das 9 e media da mañá, un camión cargado de grava precipitouse no rego de Tállara, no concello de Lousame. Todo indica que o accidente se produciu por un fallo mecánico. O condutor saíu polo seu propio pé da cabina, que pouco despois comezou a arder.

O condutor, un mozo veciño de Boiro, foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago. Ata o lugar do sinistro desprazáronse os corpos e forzas de seguridade, que levaron a cabo os labores de emerxencia precisos e indican que o acontecido se puido deber a un fallo nos freos do camión.

Tras sufocar o lume e precintar a zona, o SEPRONA levará a cabo a medición do nivel de contaminación da auga e posteriormente procederase a retirar o vehículo do río.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2019