CRTVG

Buscar

Saen polo seu pé as ocupantes dun coche que caeu por un desnivel de catro metros en Barbadás

Publicado o 22/09/2020 13:34

O aparatoso accidente creou grande expectación esta mañá na Valenzá. Ocorreu pouco antes das nove e nese momento pasaban moitas familias que ían cara ao colexio. Por causas que se descoñecen, a condutora do vehículo atravesou os dous carrís da vía, bateu contra o valado e caeu por un desnivel duns catro metros. Todo apunta a que se tratou dun descoido.

A condutora, unha muller de 47 anos, e a súa filla, de 6, puideron saír polo seu propio pé sen feridas de gravidade. Foron trasladadas en ambulancia ao hospital de Ourense para facerlles un recoñecemento médico, pero tiveron moita sorte.

Incrible, pero, malia a aparatosidade do sinistro, nai e filla estaban consciente e en bo estado. Ata o lugar trasladarónse a Potección Civil de Barbadás, a Policía Local, o GES do Pereiro e a Garda Civil. Investigan agora as causas e que puido ocorrer.

Noticias web

22/09/2020