CRTVG

Buscar

Saen ilesos os tres ocupantes dun vehículo que bateu contra tres xabarís na A-8

Publicado o 16/11/2020 13:32
Saen ilesos os tres ocupantes dun vehículo que bateu contra tres xabarís na A-8

Un coche levou por diante tres xabarís na A-8 á altura de Vilalba, sen que houbese que lamentar danos persoais.

O condutor non tivo tempo de esquivar os tres animais que saíron por sorpresa á calzada, e aínda máis cando era de noite e non había luz.

A pesar do forte impacto, os tres ocupantes do vehículo saíron ilesos. Non así os xabarís, que foron retirados do asfalto polos servizos de conservación de estradas.

Noticias web

16/11/2020