Saen á venda as entradas do Morriña Fest, que nace este verán en Culleredo
Publicado o 17/06/2021 20:52

Desde hoxe están á venda as entradas dun festival que nace en Culleredo e que chega pisando forte. O Morriña Fest, que se celebrará do 19 ao 29 de agosto no paseo marítimo do Burgo, poñerá enriba do palco unha chea de bandas entre os que están Love of Lesbian, Amaral, Nathy Peluso, Morat ou Lola Índigo, entre outros.
A ocupación, salvo que se relaxen máis as restricións, está limitada a 3.000 persoas por concerto.