CRTVG

Buscar

Saen á rúa en protesta pola liberdade do sospeitoso do asasinato de Almonte

Publicado o 12/10/2017 10:21

Veciños de Almonte, Huelva, saíron onte á rua para protestar pola posta en liberdade do único acusado do asasinato, en 2013, dun home e a súa filla de oito anos. Os concentrados pediron xustiza e censuraron que o sospeitoso fora xulgado por un xurado popular que o venres da semana pasada o declarou non culpable. 

María Olmedo, nai da nena asasinada e ex-parella do home, asistiu á concentración. Incapaz de conter o pranto e os lamentos, María reclamou que metesen na cadea o que ata o de agora foi o único sospeitoso. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2017