CRTVG

Buscar

Saen á poxa os primeiros terreos da plataforma loxística Salvaterra-As Neves

Publicado o 10/06/2019 19:13

As empresas interesadas en instalarse na Plataforma Loxística Industrial Salvaterra-As Neves poden presentar a súa oferta xa e ata o 30 de setembro. O Diario Oficial de Galicia publica mañá a poxa das primeiras parcelas que se poñen á venda da Plisan, que teñen un prezo medio inferior aos 60 euros o metro cadrado.

Os terreos que se poñen á venda a partir deste martes ocupan un terzo da Plisan. Son 45 parcelas de entre 2.000 e 30.000 metros cadrados. O prezo medio de compra é de 59,68 euros o metro cradrado. Se o que se adquire é o dereito de superficie, o custo é inferior a un euro. Alberto Núñez Feijóo destaca o esforzo de Xunta, Zona Franca e Porto de Vigo para impulsar este proxecto a pesar, dixo, da carreira de obstáculos xudiciais que tivo que superar a Plisan.

Ao tempo que se abre o prazo de poxa están comezando as obras das depuradora e da potabilizadora que darán servizo á Plisan. Prevese que as primeiras empresas empecen a instalarse no primeiro semestre do ano que vén.

 

Noticias web

10/06/2019