CRTVG

Buscar

Saen á luz casos de vacinacións en persoas que aínda non teñen dereito

Publicado o 14/01/2021 16:35
Saen á luz casos de vacinacións en persoas que aínda non teñen dereito

De volta a España, seguen coñecéndose casos de vacinacións irregulares en persoas que aínda non teñen dereito nesta fase. 

O último ocorreu na localidade de Ruidoms, en Tarragona, onde o alcalde e un concelleiro recibiron a dose que tiña como destino unha residencia da terceira idade. Tamén en Tarragona tres enfermeiras foron expedientadas por vacinar cinco familiares en vez de usuarios dunha residencia. A semana pasada, un xeriátrico de Madrid desviou vacinas para familiares dos seus traballadores. 

Noticias web

14/01/2021