CRTVG

Buscar

Bos días

Saen á luz as declaracións do fiscal falecido Nisman

Publicado o 16/03/2016 09:35

E máis dun ano despois do seu falecemento, sae á luz a última entrevista que concedeu o fiscal arxentino Alberto Nisman antes de aparecer morto no seu domicilio de Bos Aires e só uns días despois de denunciar a ex-presidenta Cristina Fernández por suposto encubrimento dos terroristas iranianos na causa que investiga o atentado contra a mutua xudía AMIA.

Nel asegura que ten probas contundentes contra o Goberno da ex-mandataria arxentina.

Xa está nas mans da xustiza e lista para a análise a considerada como última entrevista realizada ao fiscal Alberto Nisman.

O audio recolle as declaracións do fiscal ao xornalista e director da Axencia Xudía de Noticias, Daniel Berliner, só dous días antes de ser atopado morto no seu departamento de Bos Aires cun tiro na cabeza. Un feito cuxas circunstancias seguen sen esclarecerse máis dun ano despois.

Fala un Nisman franco que asegura ter probas contundentes sobre a vinculación da ex-mandataria arxentina, Cristina Fernández, no suposto encubrimento dos terroristas iranianos relacionados co atentado de 1994 contra a mutualista xudía AMIA e que deixou 85 falecidos.

Sen temor ao que puidese supoñer para a súa carreira, Nisman denuncia a ex-mandataria en base ao acordo de entendemento subscrito entre A Arxentina e Irán e que implicaba o encubrimento dos sospeitosos do ataque en favor dun intercambio comercial.

Nisman remarca o nerviosismo dos implicados na causa pola información que puidese desvelar na comparecencia que tiña prevista a mesma semana.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

16/03/2016