CRTVG

Buscar

Sae pola porta de urxencia dun avión de Ryanair farto pola espera para desembarcar

Publicado o 03/01/2018 21:19

Van ver agora o que fixo un pasaxeiro de Ryanair farto de esperar dentro do avión tras a aterraxe. Foi despois dun voo Londres-Málaga que saíu con hora e media de atraso e que levaba media hora parado coas portas pechadas tras tomar terra. Un turista polaco non aguantou máis, abriu unha das saídas de urxencia e intentou baixar á pista pola ala. Non o deixou a tripulación e acabou en dependencias policiais. Agora enfróntase a unha multa de ata 45.000 euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2018