CRTVG

Buscar

A Revista

Sae ileso tras pasarlle por riba un turismo na India

Publicado o 28/09/2018 12:57
De vello se dixo aquilo de "hai quen nace con estrela e quen nace estrelado" en referencia ás persoas con sorte. Se non cren neste dito, ao mellor cambian de idea despois de ver isto...


Xa ven, ese cativo de 7 anos sentou na calzada a atar os zapatos o carón dos coches aparcados e a condutora que arrinca non o ve nin antes nin despois de pasarlle por riba. Nin os que xogan ao fútbol se decatan do sucedido. El levántase e sae pitando, a fume de carozo, polo que parece, sen unha soa rabuñadura pero arrepía porque puido ser unha traxedia.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

28/09/2018