Sae do hospital a peregrina que estaba ingresada por covid e confínase xunto ás súas compañeiras no albergue de Palas
Publicado o 20/07/2021 15:09

Novidades con respecto ao gromo detectado estes días no Camiño Francés. A moza mallorquina que se encontraba ingresada no CHUS está agora confinada no albergue público de Palas de Rei.
Posto que xa non precisaba ocupar unha cama no hospital compostelán, Sanidade tomou a decisión de enviala a pasar a corentena xunto coas súas compañeiras de peregrinación. Desta forma, son agora oito as mozas confinadas no albergue palense, que se encontra pechado ao público de xeito temporal.