Mellora a moza de Almería agredida no seu portal
Recupérase a moza que sufriu unha brutal malleira no portal da súa casa de Almería cando regresaba de celebrar a Noitevella. A policía busca o agresor e non descarta que se trate dun caso de violencia machista
A persoa que alertou da brutal malleira recibida por unha moza de 20 anos na mañá do 1 de xaneiro, deulle á policía unha descrición moi detallada do agresor, un mozo duns 25 anos. Os investigadores descartárono como sospeitoso porque non tiña ningunha ferida que se corresponda coa agresión. Tamén interrogaron a vítima e os seus pais.
María José García, nai da vítima dixo que foi abrindo o portal da casa cando "alguén a empurrou por detrás e aí é cando comezou a pegarlle e a quitarlle toda a roupa, deixouna totalmente espida e houbo un momento que quedou inconsciente, que eu penso que pensou el que estaba morta e é polo que a deixou, pensando que xa estaba morta e grazas a Deus non está morta, se non chega a quedar inconsciente a miña filla, mátama".
O informe forense confirmará se houbo agresión sexual como denuncia a vítima. A policía non descarta que se trate dun caso de violencia machista a pesar de que a moza agredida declarou que non ten parella.