CRTVG

Buscar

Sae da UCI un paciente que levaba 29 días en críticos do CHUS coa COVID-19

Publicado o 05/05/2020 20:51

Un paciente que estivo na unidade de críticos do Hospital Clínico de Santiago 29 días coa COVID-19, pasou por fin hoxe a planta. Trátase dun home de 44 anos que foi tratado cunha nova técnica non apta para todos os pacientes. Trátase dun procedemento que substitúe a función do pulmón en casos extremos. Desvíase o sangue fóra do organismo para osixenalo.

É a primeira vez que se aplica esta técnica en Galicia, e con éxito. A Unidade de Críticos do CHUS leva atendidas 42 persoas por COVID-19 desde marzo.

Noticias web

05/05/2020