CRTVG

Buscar

Sae da UCI tras 88 días ingresado por covid-19 no hospital de Ourense

Publicado o 19/06/2020 14:11

Aplausos, complicidade, mensaxes de ánimo....é a emotiva despedida que recibiu Manuel tras 88 días en coidados intensivos. É o paciente que máis tardou en saír da UCI do hospital de Ourense.

Ingresou o 22 de marzo. Tras unha viaxe comezou a encontrarse mal. Estivo na UCI case tres meses loitando contra o coronavirus e as súas secuelas.

Un camiño cunha meta clara para Manuel: volver pronto para a casa.

Tamén os seus familiares, como os de outros enfermos de covid-19 precisaron de axuda psicolóxica.

As seus 71 anos Manuel aprende novamente a vivir tras a covid-19, xa na compaña dos seus.

Por esas familias pide responsabilidade a todos. Sentidiño para evitar que ninguén máis taña que vivir o pesadelo que viviron eles.

Noticias web

19/06/2020