CRTVG

Buscar

Sae da UCI o primero paciente con coronavirus no CHUO

Publicado o 08/04/2020 17:43

É o primeiro enfermo de Covid-19 que sae da UCI no hospital de Ourense, un paciente de 41 anos que a partir de hoxe seguirá a súa recuperación en planta. Os sanitarios de coidados intensivos despedírono entre aplausos e moi emocionados. Confían en que se poidan sumar a el outros dous pacientes nas próximas horas

Unha vez superados os 20 pacientes con COVID-19 en Coidados Intensivos do Hospital Universitario de Ourense, habilítase a Unidade de Reanimación como ampliación da área de atención a pacientes con coronavirus que precisen de coidados críticos.

Súmanse aos recursos  do Servizo de Medicina Intensiva, os do Servizo de Anestesioloxía e Reanimación para a atención de pacientes con COVID-19  que estean en estado crítico. 

Tamén se habilitaron dúas novas áreas de expansión, ante a previsión de posibles ampliacións de críticos de COVID-19. Trátase de seis camas novas de UCI dotadas con equipos de ventilación mecánica, tres en cada espazo.