CRTVG

Buscar

Sae a poxa unha obra de Van Gogh que levaba un século sen poder verse en público

Publicado o 24/02/2021 21:19

Escena de rúa en Montmartre e Escena de rúa en Montmatre, o nome da, ata o de agora, descoñecida obra de Van Gogh. Quedamos coa banda sonora do oscarizado filme para contarlles a historia do cadro. Foi pintado en 1887 durante o período que Van Gohg pasou en París. Cóntanos na súa presentación á prensa o comisario da poxa de Sotheby's: "Crese que quedou con el o seu irmán Théo, que pasou despois por algún intermediario e que antes de 1920 xa estaba na colección privada da familia francesa que o tivo ata agora'.

Con esta famila que prefire quedar no anonimato estaría un século. Hoxe, cando anuncian que a casa londiniense de poxas Sotheby's e a francesa Mirabaud Mercier o sacará á venda, sabemos polos expertos que é unha peza "revolucionaria porque incorpora á obra de Van Gogh as cores claras e os pigmentos vivos". Sabemos tamén que terá un prezo de saída de entre 5 e 8 millóns de euros. Con todo, di esta especialista de Mirabaud Mercier, é unha estimación e será o mercado o que determine o seu prezo final.

Non o coñeceremos ata finais de marzo, cando, despois de máis de cen anos, esta parella de trazos difusos e postimpresionistas colgue o seu muíño e a súa paisaxe invernal na parede dun novo fogar.

Noticias web

24/02/2021