Sada é un dos 14 concellos que sobe de nivel este sábado
Resistía rodeada de concellos con incidencias altas. Rematou xuño con 3 casos de covid e hoxe ten 128. Súmase o sábado aos municipios con restriccións altas. Sada segue coa incidencia á alza, tanto na de sete como na de catorce días, que esta no rango dos 800 puntos. E na vila asumen a situación con resignación. Pensan que o feito de seren un polo de atracción para o lecer ten relación coa suba de casos.
Benito Portela, alcalde de Sada: "Tamén estar nunha situación coas restricións diferente ca o resto da comarca era un tema que era insostible no tempo, porque se tes menos restricións o que cabe esperar é un maior fluxo de xente cara ao noso núcleo, que foi o que sucedeu".
Destacan os veciños que o certificado suporá unha limitación e subliñan as festas privadas da mocidade como a orixe do gromo.
Outros debaten sobre a influencia de sern un destino turístico nas malas cifras de hoxe.
Sexa como for, Sada eleva restricións o sábado, coa intención de frear a transmisión da covid.