CRTVG

Buscar

Sada celebra a décima edición da súa Feira Modernista

Publicado o 31/07/2021 21:08

A incidencia do coronavirus obrigou a reducir a dous días a Feira Modernista de Sada, unha das citas clásicas do verán das Mariñas. A vila recunca aos primeiros anos do século vinte e móvese a ritmo de jazz. Durante a fin de semana o teatro de rúa, os xogos populares, a danza e a música conviven ao redor da emblemática Terraza, o edificio modernista deseñado e construído polo arquitecto Antonio López en 1920. Este ano, a pandemia limitou a participación e vimos menos xente ataviada cos traxes de época, pero os sadenses manteñen vivo o espírito da festa



 

Noticias web

31/07/2021