CRTVG

Buscar

Sabin Merino: "Estou no meu mellor punto de madurez"

Publicado o 11/02/2020 14:33

Todo apunta a que poderá xogar o venres contra o Xirona

Aínda non pasou un mes desde a estrea de Sabin Merino, e o vasco xa suma recoñecementos.

"Encontrei un punto de madurez que se cadra outros anos non tiven, e tamén os minutos que necesitaba. Xuntando todo, estou no mellor momento", dixo na entrega do premio ao mellor xogador do mes de xaneiro.

Catro goles en quince días e dous trofeos como mellor xogador de xaneiro. Nin nos mellores soños de Sabin: "Estou no meu mellor momento non porque chegase aquí e tivese a sorte de marcar, senón porque estiven preparado en todo momento para xogar desde o día 10 de xullo en que empecei a adestrarme", engadiu.

Sabin Merino apunta ao partido do venres tras superar unha pequena rotura no bíceps femoral da perna dereita.

Se xoga, será o seu quinto partido. Marcou nos catro anteriores.

Noticias web

11/02/2020