CRTVG

Buscar

Sabes cales son os produtos máis demandados nas imprentas?

Publicado o 08/05/2020 16:25

As máquinas que máis están a traballar estes días son as que imprimen os vinilos que marcan as distancias de seguridade no chan dos establecementos, e tamén as que cortan material para facer mamparas. Aumentou moito a demanda porque os locais comerciais preparan o regreso e precisan deste tipo de solucións. Unhas solucións coas que intentan saír adiante en talleres coma este moi afectados pola cancelación de congresos, feiras ou exposicións.

Tamén traballan arreo as imprentas, que se reinventa para facilitar a volta segura dos comercios. 

O coronavirus golpeou forte o sector da comunicación gráfica que agora se reiventa aportando solucións para un regreso seguro a tendas e bares.

Os vinilos e as mamparas son os produtos estrela do momento. Como o metacrilato escasea, propoñen tamén alternativas de plástico e cartón. O caso é adaptarse ás demandas da nova normalidade.

Malia o éxito desta nova liña, aquí queda moito por recuperar. Sen congresos, aulas ou exposicións, quedaron sen o 70% da facturación e un ERTE do que confían ir saíndo, impresión a impresión.

Noticias web

08/05/2020