CRTVG

Buscar

Sàbat: "O Obradoiro compite en todos os campos"

Publicado o 06/02/2019 18:56

No Obradoiro, Albert Sàbat xogou ante Murcia o que probablemente é o seu mellor partido desde que está en Santiago. 17 puntos en 23 minutos para 21 de valoración: "Estiven acertado, pero o importante é que o equipo xogou ben, que gañou...".

O base, nesta súa segunda temporada co Obra, tivo que asumir máis responsabilidade mentres Pepe Pozas foi baixa, e os resultados están chegando en parte porque o equipo logrou reducir o número de perdas, algo en que el ten boa parte de culpa.

Sobre ese traballo o equipo quere crecer, empezando polo próximo encontro en Valencia antes de parar para afrontar o que queda de liga.

Albert Sàbat: "A nosa idea é seguir este sábado en Valencia como estamos facendo ata o de agora, e despois da parada tamén. Creo que estamos nunha boa liña de traballo. Estamos competindo en todos os campos".

Noticias web

06/02/2019