CRTVG

Buscar

Comeza un outono que se prevé máis seco e caloroso do normal

Publicado o 22/09/2020 16:35

Ás tres e media desta tarde comezou o outono. Ás tres e 31 minutos exactamente.

O sol cruza o ecuador e entramos oficialmente na nova estación. A duración do día e a da noite iguálanse e comezan a decrecer as horas de luz diúrna a medida que vaian pasando os días.

Segundo os especialistas, estes meses de outono serán máis secos e cálidos do normal, seguindo unha tendencia que xa se percibe dende hai anos.

O cambio de hora será en outubro, o día 25, e será o punto de inflexión da carreira cara ao inverno, pero para iso aínda queda moito.

Noticias web

22/09/2020