CRTVG

Buscar

S&P declara a débeda venezolana en suspensión de pagos

Publicado o 14/11/2017 22:44

Standard & Poors declarou en suspensión de pagos a débeda venezolana en moeda estranxeira. A axencia cualificadora tomou esta decisión despois de que Venezuela incumprira o pago de 200 millóns de dólares.  S&P mantén a débeda en moeda nacional no grao anterior á suspensión de pagos, e non descarta novos incrumprimentos. A nova coñécese despois da primeira xuntanza do Goberno de Maduro cos acredores para intentar refinanciar a débeda. O chavismo cualificouno como un éxito malia que non houbo de momento ningún acordo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2017